Rúbrica
CRITERIO
|
0
|
1
|
2
|
3
|
Navegación
|
A navegación polos
contidos do portfoflio é difícil. A maioría das ligazóns non funcionan. A
maioría das seccións ou entradas non se mostran.
|
A navegación polos
contidos do portfoflio é confusa. Máis de dúas seccións ou categorías
presentan problemas de acceso. Máis de tres ligazóns non funcionan.
|
A navegación polos
contidos do portfoflio é aceptábel. Unha ou dúas seccións / categorías
presentan problemas de acceso. As ligazóns funcionan ben en xeral.
|
A navegación polos
contidos do portfoflio é efectiva e fácil. Non hai problemas para acceder ás
entradas por categorías. Todas ligazóns funcionan ben.
|
Estruturación
|
As entradas non están
organizadas en categorías ou etiquetas (diario, dosier).
|
Unha parte das
entradas non están clasificadas en categorías ou etiquetas (diario e dosier).
|
Todas as entradas
están organizadas en categorías ou etiquetas (diario e dosier), pero algunhas
parecen mal clasificadas ou organizadas.
|
Todas as entradas
están ben organizadas en categorías ou etiquetas (diario e dosier).
|
Presentación
|
A tipografía
utilizada non é adecuada. As cores do texto e do fondo tornan difícil a
lectura dos contidos.
|
A tipografía
utilizada é adecuada, pero as cores do texto e do fondo tornan difícil a
lectura dos contidos.
|
A tipografía
utilizada non é adecuada, pero as cores do texto e do fondo facilitan a
lectura dos contidos.
|
A tipografía
utilizada é adecuada e as cores do texto e do fondo facilitan a lectura dos
contidos.
|
Dosier
(Actividades na aula) |
As entradas
publicadas non permiten constatar a realización das actividades presenciais.
Non hai entradas categoría “Dosier” ou moi poucas.
|
As entradas
publicadas presentan carencias importantes (non se describen moitas
actividades ou a miúdo non se presentan os resultados) pero permiten
constatar a realización da maioría das actividades presenciais.
|
As entradas
publicadas permiten constatar a realización da maioría das actividades
presenciais e as aprendizaxes realizadas (descrición das actividades e
presentación dos resultados).
|
As entradas
publicadas permiten constatar a realización de todas as actividades
presenciais e as aprendizaxes realizadas
(descrición das actividades e presentación dos resultados).
|
Diario
(Reflexións sobre os contidos da materia) |
As entradas
publicadas presentan numerosos erros e non permiten constatar a adquisición
das competencias da materia. Non hai entradas na categoría “Diario”
|
As entradas
publicadas presentan algúns erros importantes e non permiten constatar a
adquisición de todas as competencias da materia. As reflexións na categoría
“Diario” son pobres e ofrecen unha visión limitada do proceso de
aprendizaxe..
|
As entradas publicadas
permiten constatar a adquisición de todas as competencias da materia. Porén,
as reflexións na categoría “Diario” son pobres e oferecen unha visión
limitada do proceso de aprendizaxe.
|
As entradas
publicadas permiten constatar a adquisición de todas as competencias da
materia e presentan reflexións abundantes e pertinentes sobre o proceso de
aprendizaxe.
|
Orixinalidade
|
Os contidos do
portofolio carecen de orixinalidade. As ideas son presentadas de maneira
única, atractiva e interesante.
|
Percíbese un esforzo
por personalizar os contidos do portfolio. Porén, as ideas non son
presentadas de maneira atractiva ou interesante.
|
Algúns contidos do
portofolio chaman a atención do avaliador pola maneira única, atractiva e
interesante en que son presentados.
|
A maioría dos
contidos do portofolio chaman a atención do avaliador pola maneira única,
atractiva e interesante en que son presentados.
|
Calidade lingüística
|
Os textos publicados
presentan numerosos erros de ortografía, gramática, puntuación ou
estruturación.
|
Os textos publicados
presentan algúns erros graves de ortografía, gramática, puntuación ou
estruturación.
|
Os erros graves de
ortografía, gramática, puntuación ou estruturación son puntuais nos textos
publicados.
|
A calidade
lingüística dos textos é adecuada para o ámbito educativo. Non se observan
erros graves de ortografía, gramática, puntuación ou estruturación.
|
Responsabilidade coas aprendizaxes
|
Practicamente todos
contidos do portflio (máis de 3 cuartos) foron publicados na semana anterior
á avaliación do mesmo.
|
A maioría (máis da
metade) dos contidos do portfolio foron publicados na semana anterior á
avaliación do mesmo.
|
A maioría dos
contidos do portfolio foron publicándose conforme avanzaba o proceso de
aprendizaxe.
|
Todos os contidos do
portfolio foron publicándose conforme avanzaba o proceso de aprendizaxe.
|
Participación
|
O/A estudante non
realizou ningún comentario noutros
portfolios da clase.
|
O/A estudante
realizou algún comentario en portfolios da clase (menos de 3), pero
achega reflexións pertinentes e
persoais ás entradas comentadas.
O/A estudante acostuma realizar comentarios nos portfolios de diferentes membros da clase (3 como mínimo) pero en xeral sen valoracións ou achegas importantes, limitándose a aprobar o reprobar as ideas das entradas comentadas. |
O/A estudante
acostuma realizar comentarios nos portfolios de diferentes membros da clase
(3 como mínimo) pero ás veces sen valoracións ou achegas importantes,
limitándose a aprobar o reprobar as ideas da entradas comentadas.
|
O/A estudante
acostuma realizar comentarios nos portfolios de diferentes membros da clase
(3 como mínimo) con reflexións pertinentes e achegas persoais ás entradas
comentadas.
|
Comentarios
Publicar un comentario