Entrada Cristina
Entrada do tema 5 da materia Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras:
Estratexias de comunicación. A comunicación oral e escrita e o seu tratamento na aula. Procedementos para o fomento das catro habilidades na aprendizaxe de linguas estranxeiras (falar, escoitar, ler, escribir). Actividades de expresión, interacción e mediación oral. Actividades de expresión, interacción e mediación escrita. Práctica de aula e uso de rúbricas para avaliar a comprensión oral e escrita.
Abarcando o tema
Como podemos deducir co título, este non foi un tema simple. Tampouco foi tan complexo como anuncia ese tamaño. Realmente podería resumirse en tres puntos: o mito das destrezas, actividades do s.XXI e as rúbricas de verdade.
O mito das destrezas
Comezou a clase cunha afirmación moi interesante que pon en entredito o esquema de avaliación de competencia en linguas estranxeiras; en particular, o currículo oficial.
No currículo, os contidos e criterios de avaliación sepáranse en cinco bloques: comprensión oral, produción oral, comprensión escrita, produción escrita e coñecemento da lingua.
O que ata agora chamábamos destrezas B1, B2, B3, B4, e avaliábamos cos coñecidos writting e listening (sempre en inglés, por ausencia doutras linguas no sistema educativo español).
O que se nos presentou nesta primeira clase foi unha organización diferente: recepción, produción e interacción e mediación (todas tanto orais coma escritas).
Este novo esquema resulta moito máis representativo da realidade comunicativa, tanto por eliminar esa diferenciación tan marcada entre linguaxe oral e escrita como por engadir dúas realidades comunicativas tan importantes como a mediación e, sobre todo, a interacción.
A interacción paréceme moito máis básica, debido a que a produción sen receptor é case un absurdo (prodúcese para chegar a alguén, xa sexa un mesmo, polo que xa sería interacción) e a recepción, aínda que é unha destreza que se activa case en exclusiva en aulas (e vaia aulas) e no consumo de productos audiovisuais, que non son poucos, por sí soa tampouco serve para a principal función das linguas, que é a comunicación.
Ten sentido que a comunicación sexa o fin último da aprendizaxe de linguas estranxeiras e polo tanto sería lóxico que se atendera á interacción con moitísimo máis interese que a produción ou a comprensión ailladas.
Con todo, o termo estrela do día foi a mediación. Esta destreza é moito menos obvia e parecía inexistente ata fai pouco (de feito, foi nova para case todos nos), pero é tamén empregada constantemente nos procesos comunicativos.
Unha pouco axeitada comparación entre a mediación e a tradución (descrita dunha maneira terriblemente obsoleta) provocou dificultade da comprensión do que é a mediación, pero tras investigar un pouco e como podemos ver no Companion Volume do MCER, o cal fai mención especial a esta destreza por novedosa, a tradución é só unha das moitas maneiras de mediar.
Por outro lado temos o plurilingüismo, do que se falou moi pouco ó comezo por constituí-la xustificación da importancia da mediación. O plurilingüismo di que todo coñecemento de calquera das linguas pode facilitar, empregado do xeito apropiado, a aprendizaxe doutras linguas.
Actividades do s.XXI
Durante as tres sesión deste tema realizamos moitas actividades. As actividades consistían en deseñar as nosas propias actividades dacordo coas destrezas ou modelos que estiveramos a aprender.
Unha das primeiras foi por parellas e fixemos The Monster Bag entre María e mais Eu. Consistiu en aplica-lo esquema proposto para deseñar actividades de recepción, no que resaltan, por un lado, unha primeira parte de presentación ou familiarización co tema, na que os estudiantes deben predici-lo que van atopar no vídeo sobre o que se vai traballar despois; e por outro, entrenar por separado skimming e scanning.
Outra das actividades consistiu en elaborar unha actividade de mediación. No noso grupo (Marcela, Alejandro e mais Eu) fixemos a actividade A violenta porta violeta (grupo 2) na que os estudiantes teñen que facer un proceso de mediación para transmiti-la mensaxe da canción La Puerta Violeta a receptores de fala inglesa.
Esta actividade axudou a comprender que a mediación precisa da imposibilidade do receptor para chegar á información que se quere transmitir.
Tamén coñecimos moitos recursos, tanto materiais como metodolóxicos, como poden ser bancos de audio, consellos para sustituir materiais artificiais de ensino (coma os audios que acompañan libros de texto), ou a complexidade que deben ter según que preguntas en relación coas respostas que se esperan.
Quérome deter un pouco máis na tolerancia á ambigüidade. Penso que este termo separa ó que se lle da ben as linguas do que non. Penso que vai ligado directamente á capacidade de improvisación e ó medo a cometer erros, e considero que é unha das capacidades máis importantes que hay que entrenar en tóda-las materias e especialmente para aquelas relacionadas co arte, incluindo as linguas estranxeiras.
As rúbricas de verdade
O último punto deste tema son as rúbricas. Levamos falando delas todo o máster e quedara como a panacea das evaluacións.
Finalmente tivémo-la oportunidade de estudialas de forma exhaustiva e conseguimos comprende-la dificultade que acarrea a súa elaboración, ademáis de chamar polo seu nome a outros sistemas de evaluación (tan válidos como as rúbricas) que se lle asemellan pero que son distintos.
Aínda que cada criterio se pode facer mellor ou peor (esta é a base da avaliación), os indicadores deben ser neutros e non poden contradicirse entre sí. A maior vantaxe das rúbricas é darlle ó alumno unha referencia clara e sinxela coa que poida dirixi-lo seu traballo con liberdade e sen preocuparse de facer algo diferente do que se espera del, polo que o alumno debe poder recoñocer con qué indicador ou nivel se corresponde o que está a facer e qué podería facer para melloralo.
Por esta definición non é válido dicir que algo é mellor por facelo máis veces ("por 3 comentarios é mellor que por 2 comentarios"), como tampouco o é dicir nos indicadores que "o alumno fai a tarea moi ben, ben, regular, ou mal" ao non dicirlle que significan esas palabras "moi ben, ben, regular, ou mal" para poder mellorar no futuro.
En conclusión
Neste tema aprendín que hay moitísimas opcións para elaborar actividades, que hay moitas maneiras de evaluar correctamente (e tamén incorrectamente) e que hai que saber prever se o esforzo empregado para elaborar actividades e sistemas de evaluación se corresponde coa importancia dos resultados obtidos.Tamén me motivou coñecer que se están a por en valor perspectivas menos orientadas á mecanización da linguaxe gracias á atención ao plurilingüismo e á mediación, e sobre todo agradezo todos eses consellos que recibimos para crear actividades e preguntas que non só non asusten ós alumnos senon que lles resulten atractivas.
Boas, Santiago!
ResponderEliminarUnha moi boa entrada, noraboa! O xeito no que a estruturas e a claridade coa que escribes facilita moito a súa lectura. Por outra banda, gustaríame destacar a actividade de mediación que propuxo o teu grupo "A violenta porta violeta", pois considero que é unha maneira intelixente e sensible de abordar un tema que está tan tristemente de actualidade. Ademais, o feito de escoller unha canción tan coñecida e que cala tan ben entre os máis novos é un acerto.
Un saúdo!
Ola,
ResponderEliminarParabéns pola túa entrada, gústoume de verdade. Tratas os feitos dende outras perspectivas que para min fan a entrada máis interesante . Quédome co que dixeches en referencia ao medo que temos a cometer erros a hora de falar unha lingua. Considero que é un dos maiores impedimentos o que nos enfrentamos creando barreiras inexistentes que retrasan a nosa aprendizaxe. Temos que perder a vergoña e sentirnos mais libres.
Saúdos!
Hola Santi!
ResponderEliminarMe ha parecido una entrada muy bien estructurada e interesante ya que aportas de manera breve y concisa tus opiniones personales y hablas de lo que hemos dado en el aula centrándote en los conocimientos que hemos adquirido. Me gustaría mencionar que lo que más ha llamado mi atención de éstos nuevos conocimientos adquiridos es el concepto de mediación ya que era algo desconocido para mi pero tras reflexionar un poco llegué a notar que realmente en todos los contextos de mi día a día utilizo la mediación para comunicarme.
Un saludo y nos vemos pronto!
Trinidad